Pasar al contenido principal

O Campus Terra aliña o seu I+D con iniciativas innovadoras de empresas no sector lácteo galego nun foro do Clusaga

Participantes na xornada sobre innovación no sector lácteo celebrada no edificio Cactus do Campus Terra da USC
Participantes na xornada sobre innovación no sector lácteo celebrada no edificio Cactus do Campus Terra da USC
Uns 40 investigadores e responsables de empresas ligadas ao sector primario analizan este mércores no edificio Cactus de Lugo as súas capacidades e posibilidades de colaboración para avanzar na consolidación dun ecosistema galego de innovación agroalimentaria, ao tempo que coñecen programas de financiamento dispoñibles para favorecer a colaboración universidade-empresa

O Campus Terra da USC achega algunhas das súas liñas de investigación estreitamente ligadas co sector primario e nomeadamente cos produtores e coa industria láctea con iniciativas innovadoras do tecido empresarial a través do foro ‘Impulsando a innovación no sector lácteo galego mediante a colaboración universidade -empresa’. A xornada, impulsada xunto coa  Comisión de Innovación do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), reuniu este mércores no edificio Cactus da sede universitaria luguesa, o escenario no que unha vintena de investigadores e responsables de 17 empresas tiveron a ocasión de coñecer as súas respectivas capacidades, así como as afinidades existentes para establecer posibles liñas de colaboración apropiadas para avanzar na consolidación dun ecosistema galego de innovación agroalimentaria.

A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, e o presidente da Comisión de Innovación do Clusaga, Sergio Martínez, deron a benvida dar a benvida a todas as persoas participantes no encontro, un foro estruturado en intervencións breves que serviron para a presentación das fortalezas e capacidades de investigación do Campus Terra, ademais de para conectar os investigadores cos representantes empresariais.

A presentación dos programa de financiamento dispoñibles para favorecer a colaboración universidade-empresa foi outra das temáticas abordadas neste foro a prol do fomento da innovación no sector agrogandeiro, un ámbito no que o Campus Terra da USC pretende converterse en polo de especialización e referente científico a prol da sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

O faladoiro ‘Capacidades do Campus Terra en agroindustria e produción primaria aplicable ao sector lácteo’, no que intervirán como relatores os profesores e investigadores do Campus de Lugo da USC Ramiro Fouz, Fernando Pardo, Patricia López, Manuel Vázquez e Sandra Castro, abriu o programa da xornada, durante a que estes investigadores deron conta das súas respectivas liñas de traballo sobre saúde e benestar animal, monitorización de parámetros ambientais en granxas de vacún, emprego de algas mariñas como ingredientes funcionais en produtos lácteos, envases biodegradables ou marketing dixital no sector alimentario.

A xornada continuará cun relato sobre os intereses e prioridades das empresas no sector lácteo galego, a cargo do CIO de Galacteum, Ángel  Pereira; así como dos CEO de Innolact, Sergio Martínez, e de PSVET, Iván Cid. A presentación das convocatorias de financiamento existentes para proxectos colaborativos e experiencias previas do Clusaga, a cargo da coordinadora de innovación do Clusaga, Noelia Dosil, pecharon a quenda de relatorios deste foro.

A xornada, que se prolongou en quenda de mañá, tivo continuidade cun obradoiro colaborativo no que as empresas representadas interactuaron cos grupos de investigación presentes, a fin de procurar e definir oportunidades concretas de colaboración. Unha vez rematada esta sesión, as persoas inscritas, distribuídas en grupos en función dos seus intereses, completaron visitas ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) da USC e aos laboratorios da empresa de tecnoloxía de análise sensorial TasteLab.

Elvira López Mosquera e Sergio Martínez, na apertura do programa
Elvira López Mosquera e Sergio Martínez, na apertura do programa
Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.02.2023.