16.03.2023 | 19.45h
Concerto de vento, madeira e metal, organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presenta do 15 a 17 de marzo un novo ciclo no que o alumnado do centro achegará propostas encadradas nos diferentes departamentos musicais.
O segundo dos recitais terá lugar o xoves 16 de marzo ás 19.45 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e centrarase nos instrumentos de vento, madeira e metal. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.