Conferencia de Hellen Cristina Picanço Simas promovida polo ILG

O Instituto da Lingua Galega promove o venres 10 de marzo unha conferencia da investigadora da Universidade Federal do Amazonas (Brasil), Hellen Cristina Picanço Simas. Baoxo o título 'Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil', o relatorio ten como obxectivo analizar a política lingüística existente no país para as linguas indíxenas, con vistas a sinalar os seus puntos críticos, así como as posibles accións que deben levarse a cabo para a creación dunha planificación lingüística que contemple a diversidade.
A conferencia comeza ás 11.00 horas na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.