Ir o contido principal

Conferencias do ILG

Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil

10.03.2023 | 11.00h

Santiago de Compostela
Sala de conferencias

Conferencia de Hellen Cristina Picanço Simas promovida polo ILG

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

O Instituto da Lingua Galega promove o venres 10 de marzo unha conferencia da investigadora da Universidade Federal do Amazonas (Brasil), Hellen Cristina Picanço Simas.  Baoxo o título 'Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil',  o relatorio ten como obxectivo analizar a política lingüística existente no país para as linguas indíxenas, con vistas a sinalar os seus puntos críticos, así como as posibles accións que deben levarse a cabo para a creación dunha planificación lingüística que contemple a diversidade. 

A conferencia comeza ás 11.00 horas na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2023.