A Biblioteca Universitaria organiza en outubro un ciclo de visitas guiadas ás súas instalacións
Co obxecto de que o alumnado da USC, e especialmente o de novo ingreso, coñeza as instalacións e o servizos da biblioteca universitaria, ao longo deste mes de outubro están programadas unha serie de visitas guiadas dunha hora e media de duración á Biblioteca Xeral e a Biblioteca América. Celebraranse os mércores coa posibilidade de realizalas en quenda de mañá (11.00 horas) ou tarde (17.00 horas).
As visitas atenderanse por rigorosa orde de inscrición cun máximo de 25 asistentes por quenda. Para inscribirse abonda con enviar unha solicitude ao Servizo de Información da Biblioteca Xeral, no correo electrónico bxinfor [at] usc.es (bxinfor[at]usc[dot]es) indicando no Asunto “Visita á biblioteca” así como a data na que desexa realizar a visita. As persoas interesadas recibirán un correo de confirmación.