Ir o contido principal

A Biblioteca Universitaria organiza en outubro un ciclo de visitas guiadas ás súas instalacións

Imaxe de arquivo da Sala de Lectura da Biblioteca Xeral. Foto: RQ
Imaxe de arquivo da Sala de Lectura da Biblioteca Xeral. Foto: RQ
Están dirixidas ao alumnado, particularmente ao de novo ingreso

Co obxecto de que o alumnado da USC, e especialmente o de novo ingreso, coñeza as instalacións e o servizos da biblioteca universitaria, ao longo deste mes de outubro están programadas unha serie de visitas guiadas dunha hora e media de duración á Biblioteca Xeral e a Biblioteca América. Celebraranse os mércores coa posibilidade de realizalas en quenda de mañá (11.00 horas) ou tarde (17.00 horas).

As visitas atenderanse por rigorosa orde de inscrición cun máximo de 25 asistentes por quenda. Para inscribirse abonda con enviar unha solicitude ao Servizo de Información da Biblioteca Xeral, no correo electrónico bxinfor [at] usc.es (bxinfor[at]usc[dot]es) indicando no Asunto “Visita á biblioteca” así como a data na que desexa realizar a visita. As persoas interesadas recibirán un correo de confirmación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2018.