Pasar al contenido principal

XXIX Festival de Teatro Universitario de Lugo

Compañía de Teatro da USC (Lugo)

17.04.2023 | 20.30h

Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Eréndira é Aríndere

Cartel
Cartel

Na vixésimo novena edición do Festival de Teatro Universitario de Lugo, a compañía de teatro da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo) presentará Eréndira é Aríndere, que está dirixida por Andrea González. 

Haberá un encontro coa compañía despois da función, para falar sobre o proceso de creación da peza.

Eréndira é Aríndere é unha dramaturxia entrenzada de dúas historias, dúas mulleres e o vento da súa desgraza.

Da trata á pornografía, do realismo máxico ao realismo cru nunha sociedade inestable.

‘‘Fixémonos estas preguntas e estamos tratando de darlles resposta. Este esforzo dános o dereito de pedirvos a vós, o público, que tamén vos enfrontedes a estes problemas’’

O elenco está composto por Anna Aycoberry (Aríndere), Stephanie Cubides (Eréndira), Andrea Maseda (Avóa) e Anita Roca (Ulises). Dirixe Andrea González. Agradecementos a Paulette Sánchez (Proxeccións e voz en off), José Gabeiras (voz en off) e a Pepo Suevos (voz en off).

Haberá un pase para institutos o 18 de abril ás 10:30 horas. As solicitudes para este pase especial teñen que mandarse antes do 13 de abril a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2023.