Pasar al contenido principal

XXI Encontro de danza da USC

MilongUSC

17.04.2023 | 20.00h

Teatro Principal
Santiago de Compostela

O XXI Encontro de Danza universitaria abre co MilongUSC un espazo para gozar do tango

Cartel do MilongUSC
Cartel do MilongUSC

O XXI Encontro de Danza da USC abre as portas este luns 17 de abril da man da primeira MilongUSC, que arrancará ás 20.00 horas no Teatro Principal con entrada de balde. 

A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango se reúnen para bailar e socializar, é un lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile. É  un lugar de encontro  onde compartir experiencias, practicar baile e gozar da música nun ambiente amigable e social.

O obxectivo do MilongUSC é dar a coñecer o tango e as milongas como ferramenta para conectarse e coñecerse máis e mellor. A sesión, aberta á comunidade universitaria e á cidadanía, contará coa participación do alumnado do curso de Danza-tango 22/23 da USC que mostrará un pouco do aprendido no curso.

O XXI Encontro de Danza da USC forma parte da Primavera Cultural, un conxunto de propostas artísticas que se desenvolven de marzo a xullo co obxectivo de promover o espírito crítico do alumnado alén das aulas. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2023.