Pasar al contenido principal

Proxección das curtametraxes gañadoras do concurso CIMA 10 'Guións para a Igualdade'

24.04.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

Entre as curtas proxectadas, figura a peza 'Señora, por favor', un traballo de Alma Alonso e María Aragón, estudantes da USC.

Gañadoras do certame 'Guións para a igualdade'. FOTO: CIMA
Gañadoras do certame 'Guións para a igualdade'. FOTO: CIMA

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o luns 24 de abril unha sesión de proxección dos traballos gañadores do primeiro Concurso de Guións Curtos CIMA 10 Guións para a Igualdade.

A partir das 17.00 horas, as persoas asistentes poderán descubrir as mellores pezas presentada por estudante de Bacharelato:  Juguetes, de Leonor Carrasco e Lucía Gómez (Colexio Gabrielistas de Madrid); Thoughts, de Sofía Albelda (IES Plaza de la Cruz en Pamplona), e Mi nombre es..., de Enma Noriega e Paula Campo (IES Bernardino de Escalante de Cantabria). 

A seguir, proxectaranse os mellores traballos presentados polo estudantado de escolas profesionais: Vigilancia extrema, de Ainhoa Lorenzo (IES Puerta Bonita de Madrid) e Señora, por favor, unha curtametraxe de Alma Alonso e María Aragón, estudantes da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, titorizada pola profesora Marta Pérez Pereiro. 

A proxección terá lugar no Auditorio do centro con acceso de balde ata completar cabida.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2023.