Entre as curtas proxectadas, figura a peza 'Señora, por favor', un traballo de Alma Alonso e María Aragón, estudantes da USC.

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o luns 24 de abril unha sesión de proxección dos traballos gañadores do primeiro Concurso de Guións Curtos CIMA 10 Guións para a Igualdade.
A partir das 17.00 horas, as persoas asistentes poderán descubrir as mellores pezas presentada por estudante de Bacharelato: Juguetes, de Leonor Carrasco e Lucía Gómez (Colexio Gabrielistas de Madrid); Thoughts, de Sofía Albelda (IES Plaza de la Cruz en Pamplona), e Mi nombre es..., de Enma Noriega e Paula Campo (IES Bernardino de Escalante de Cantabria).
A seguir, proxectaranse os mellores traballos presentados polo estudantado de escolas profesionais: Vigilancia extrema, de Ainhoa Lorenzo (IES Puerta Bonita de Madrid) e Señora, por favor, unha curtametraxe de Alma Alonso e María Aragón, estudantes da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, titorizada pola profesora Marta Pérez Pereiro.
A proxección terá lugar no Auditorio do centro con acceso de balde ata completar cabida.