Santiago de Compostela
As entradas (máx. 2/persoa) pódense recoller o mesmo día do concerto a partir das 19.30 horas

Catuxa Salom chega á Primavera Cultural da USC para presentar o seu primeiro traballo en solitario Nunha aldea. Trátase dun EP de cinco temas creado na aldea de Pontenova, entre as montañas de Lugo, que fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces, un convite a conectar co noso pasado. A artista galega de ascendencia arxentina, finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe este ano 2022, consolídase como unha das novas referencias do panorama electrofolk en Galicia.
O seu concerto está programado o xoves 4 de maio ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade, con acceso de balde. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.45 horas.