Pasar al contenido principal

Conferencia

'As resistencias a antibióticos: investigando e divulgando'

02.05.2023 | 16.00h-17.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Conversa organizada conxuntamente entre o SEPIU, a Facultade de Bioloxía, Farmamundi, e Cooperación Galega

Cartel da actividade 'As resistencia a antibióticos: investigando e divulgando'
Cartel da actividade 'As resistencia a antibióticos: investigando e divulgando'

O uso desaxeitado dos antibióticos comportou un novo e moi grave problema de saúde pública: a aparición de bacterias multirresistentes, causantes de infeccións e difíciles de tratar e cun alto custe para a sociedade. Neste contexto, o relatorio divulgativo dos farmacéuticos Raquel Carnero Gómez e Luis Marcos Nogales busca trasladar de xeito ameno o coñecemento actual sobre as bacterias, os seus beneficios e tamén o seus prexuízos. Alén de expor os modos de combater as infeccións e mostrar o papel esencial dos antibióticos para logralo, a conferencia achégase aos cambios necesarios para que esta loita sexa efectiva. 

Organizada de forma conxunta polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU), a Facultade de Bioloxía, Farmamundi, e Cooperación Galega, a actividade desenvolverase o martes 2 de maio ás 16 horas no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía da USC.  A conversa enmárcase dentro do proxecto de Aprendizaxe-Servizo 'Micromundo', a abeiro da iniciativa 'A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase III', financiada por Cooperación Galega—Xunta de Galicia.

 A participación é libre previa inscrición. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2023.