O profesor Antoni Pigrau imparte a conferencia de clausura da décimo cuarta edición do Mestrado en Estudos Internacionais da USC

O catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade Rovira i Virgili (Tarragona) Antoni Pigrau Solé impartirá o mércores 3 de maio, ás 12 horas, a conferencia de clausura da décimo cuarta edición do Mestrado en Estudos Internacionais da USC.
O relatorio é promovido pola Coordinación do Mestrado e o Grupo de Estudos Internacionais da USC (GRESIN) co apoio da Facultade de Dereito e leva por título 'Empresas e Dereitos Humanos: o lado escuro do Dereito Internacional'. A sesión desenvolverase na Sala de Xuntas do centro e a asistencia é libre e aberta ao público xeral.