Ir o contido principal

Conferencia de clausura do XIV Mestrado en Estudos Internacionais da USC

'Empresas e Dereitos Humanos: o lado escuro do Dereito Internacional'

03.05.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

O profesor Antoni Pigrau imparte a conferencia de clausura da décimo cuarta edición do Mestrado en Estudos Internacionais da USC

A Facultade de Dereito acolle a xornada. FOTO: Santi Alvite
A Facultade de Dereito acolle a xornada. FOTO: Santi Alvite

O catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade Rovira i Virgili (Tarragona) Antoni Pigrau Solé impartirá o mércores 3 de maio, ás 12 horas, a conferencia de clausura da décimo cuarta edición do Mestrado en Estudos Internacionais da USC. 

O relatorio é promovido pola Coordinación do Mestrado e o Grupo de Estudos Internacionais da USC (GRESIN) co apoio da Facultade de Dereito e leva por título 'Empresas e Dereitos Humanos: o lado escuro do Dereito Internacional'. A sesión desenvolverase na Sala de Xuntas do centro e a asistencia é libre e aberta ao público xeral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2023.