Pasar al contenido principal

'Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio'

IV Encontro de Axentes Socioeducativos

01.06.2023 | 09.00h-19.15h

Centro Sociocultural de Bugallido - Ames

Promovido polo Grupo de Investigación Esculca

Cartel do evento
Cartel do evento

O Grupo de Investigación Esculca organiza o 'IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio', unha actividade que pretende fomentar o encontro entre entidades rurais, estudantado e profesorado con interese na posta en práctica da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo vencellada ao medio rural. O encontro desenvolverase o 1 de xuño de 2023 no Centro Sociocultural de Bugallido-Ames.

O foro continúa co traballo da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, que pretende crear pontes entre a universidade e o medio rural para fomentar os proxectos de futuro do estudantado nestes nestes contextos, seguindo o exemplo de moitas iniciativas de emprendemento e innovación social que neles acontece.

Habilitarase o desprazamento dende a estación intermodal de Santiago de Compostela en dúas quendas de ida  e volta. A ida será ás 9  e ás 14 horas, e as voltas efectuaranse ás 16.15h e 19.15h. Asemade, haberá un xantar común proporcionado pola Asociación Darredor.

Este encontro está recoñecido como actividade formativa pola USC, tanto para o estudantado polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) como para o PDI polo Programa de Formación e Innovación Docente (PFID).

A incrición é de balde nesta  ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2023.