Promovido polo Grupo de Investigación Esculca

O Grupo de Investigación Esculca organiza o 'IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio', unha actividade que pretende fomentar o encontro entre entidades rurais, estudantado e profesorado con interese na posta en práctica da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo vencellada ao medio rural. O encontro desenvolverase o 1 de xuño de 2023 no Centro Sociocultural de Bugallido-Ames.
O foro continúa co traballo da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, que pretende crear pontes entre a universidade e o medio rural para fomentar os proxectos de futuro do estudantado nestes nestes contextos, seguindo o exemplo de moitas iniciativas de emprendemento e innovación social que neles acontece.
Habilitarase o desprazamento dende a estación intermodal de Santiago de Compostela en dúas quendas de ida e volta. A ida será ás 9 e ás 14 horas, e as voltas efectuaranse ás 16.15h e 19.15h. Asemade, haberá un xantar común proporcionado pola Asociación Darredor.
Este encontro está recoñecido como actividade formativa pola USC, tanto para o estudantado polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) como para o PDI polo Programa de Formación e Innovación Docente (PFID).
A incrición é de balde nesta ligazón.