Pasar al contenido principal

Exposición

As mulleres que nos levaron á lúa

20.09.2023-27.10.2023 | 11.00h

Santiago de Compostela
Claustro Alto

A exposición visibiliza a traxectoria de mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e no desenvolvemento da navegación espacial

Exposición As mulleres que nos levaron á lúa
Exposición As mulleres que nos levaron á lúa

O 21 de xullo de 1969 o primeiro ser humano puxo un pé na Lúa. O fito marcou un antes e un despois na historia da navegación espacial e fixo que os nomes dos tripulantes do Apollo XI ficasen para a posteridade. Pero nesa expedición participaron outras persoas que compartían o soño de alcanzar a lúa e cuxas identidades ficaron ocultas para a memoria e a historia, entre elas, as  dun grupo de mulleres que non figuran nos filmes, as novelas ou os libros de texto que retrataron o acontecemento. 

Para visibilizar o seu traballo, a exposición  'As mulleres que nos levaron á lúa' preséntanos algunhas destas mulleres que como Annie Easley, Rita Rapp, ou Frances Northcut, foron claves no éxito da misión do Apollo XI e na posterior conquista do espazo. Sen ese equipo de persoas que estudaron, calcularon e comprobaron unha e outra vez que todo funcionase á perfección, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou da conquista de Marte. Segundo o equipo organizadro a mostra procura "que estas mulleres, que permaneceron invisibilizadas durante moito tempo, saian á luz para servir de modelos ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o que non se coñece".

A inauguración da mostra, previstao mércores 20 de setembro ás 11.00 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e da profesora Mª Encina Calvo Iglesias, unha das coordinadoras do proxecto. A partir de entón, a exposición poderá ser visitada ata o 27 de outubro en horario de luns a venres, 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2023.