Pasar al contenido principal

Día Europeo das Linguas

26.09.2023-29.09.2023

Santiago de Compostela

Presentación da iniciativa 'Retos lingüísticos para estudantes de galego en Galicia'

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Co gallo da conmemoración do Día Europeo das Linguas o martes 26 de setembro, a Facultade de Filoloxía abeira diferentes actividades promovidas pola Biblioteca, o Centro de Linguas Modernas (CLM) e o Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD).

A Biblioteca escolmará e porá á disposición da comunidade universitaria, unha mostra de volumes de narrativa breve, contos e microrrelatos nas linguas que se estudan no centro. 

Ás 12 horas realizarase unha lectura de fragmentos narrativos en varios idiomas e presentarase o 'Pasaporte galego/español de retos lingüísticos' dirixido ao alumnado de mobilidade da Facultade de Filoloxía.

Ademais, haberá tamén un quiz para contestar preguntas relacionadas coas linguas e acadar agasallos e premios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2023.