Pasar al contenido principal

Mergullámonos en Minerva!

A perspectiva de xénero na ciencia aberta

19.10.2023 | 10.00h-13.30h

Aprenderemos sobre investigación con perspectiva de xénero e achegarémonos ás prácticas da ciencia aberta.

Introducion perspectiva xenero
Mergullámonos en Minerva! A perspectiva de xénero na ciencia aberta

A Biblioteca Universitaria e a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela crearon en 2023 a colección Oficina de Igualdade de Xénero no repositorio institucional da USC Minerva. Esta colección busca reunir traballos galardoados nos Premios de Perspectiva de Xénero na USC, teses, TFGs e TFMs sobre esta temática, e libros e artigos do persoal investigador da USC que traballa en moi diversos ámbitos do coñecemento. 

Como adianto á celebración do Día das Bibliotecas, que ten lugar todos os 24 de outubro, e tendo en conta que estamos no mes do acceso aberto, proponse unha xornada que terá como obxectivos dar a coñecer a colección e realizar un exercicio colectivo de autoarquivo para enriquecela dun xeito lúdico e colaborativo. 

 
"Mergullarémonos dun xeito práctico e cooperativo nunha ferramenta esencial para a difusión aberta da ciencia na USC como é o repositorio Minerva", explican dende a organización.

Entregarase diploma acreditativo de asistencia. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2023.