A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.
O 22 de novembro, ás 11.00 horas, na Facultade de Ciencias, unha aula aberta a cargo dos profesores Eugenio Fernández Carrasco e Jorge Proupín Castiñeiras, ademais de 'Bahía botánica', unha acción performativa con música e plantas, a cargo de Hugo Torres, serán as actividades que compoñen esta Faísca Cultural.