Pasar al contenido principal

Faíscas culturais

O papel real que teñen as vacas no cambio climático

22.11.2023 | 18.00h

Lugo
Sala de Xuntas

A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra
Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.

O 22 de novembro ás 18.00 horas, na Facultade de Veterinaria, unha aula aberta a cargo de Antonio Jiménez, ademais de 'Bahía botánica', unha acción performativa con música e plantas a cargo de Hugo Torres, serán as actividades que compoñen esta Faísca Cultural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2023.