Facultade de Xeografía e Historia
Xoves, 16 de novembro
Local habilitado na Aula Nº 2 (Planta baixa)
10:00 a 14:30 e 15:30 a 21:00 horas

Informamos do inicio da campaña de doazón de sangue que desenvolverá a Consellería da Sanidade nas universidades galegas no curso 2023/2024.
A unidade móbil de doazón de sangue acudirá ao noso centro os días Xoves, 16 de novembro e atenderá ás persoas que desexen participar no Local Habilitado na aula Nº 2 da planta baixa da Facultade Xeografía e Historia en horario de 10:00 a 14:30 - 15:30 a 21:00 horas.
Solicito a máxima colaboración con esta campaña solidaria. Este curso, como os anteriores, interésanos promover a participación do colectivo universitario, que tan importante é para a renovación e mantemento da doazón de sangue en Galicia.
Para mellorar a participación, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achegará as unidades móbiles aos centros universitarios e prego a máxima implicación na difusión da información sobre este xesto altruísta.
O día anterior á campaña de doazón acudirá persoal da Axencia a impartir breves charlas informativas en todos os cursos, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado e clarexar dúbidas.
Quero tamén facer un chamamento á participación activa do profesorado e persoal de administración e servizos neste acto solidario, necesario para que moitas persoas recuperen a súa saúde.