Pasar al contenido principal

Seminario de Futuros Urbanos

Interaccións entre o extractivismo e a conservación na Amazonia ecuatoriana

16.11.2023 | 19.30h-21.00h

Fac. Xeografía e Historia
Aula 18

Viviana Buitrón
Viviana Buitrón

Viviana Buitrón Cañadas Universidade de Santiago de Compostela Doutorada en Xeografía pola FAU Erlangen-Nürnberg (Alemaña). A súa experiencia profesional tense centrado na investigación e docencia en cuestións sobre a conservación da biodiversidade e gobernanza, uso de recursos naturais, sustentabilidade, colonización e redes de actores desde enfoques multiescalares, de xénero e interétnicos, utilizando aproximacións metodolóxicas cualitativas e participativas. As súas áreas de investigación foron principalmente a Amazonía, os Andes e as Illas Galápagos. Combina a actividade académica coa militancia en colectivos políticos e ecolóxicos en Ecuador. Actualmente é investigadora postdoutoral María Zambrano no Departamento de Geografía (USC)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2023.