Pasar al contenido principal

Exposición

ESENCIAL Jesús Díaz Ferrer

22.01.2024-23.02.2024

Santiago de Compostela

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A exposición 'ESENCIAL', unha mostra conmemorativa do centenario do nacemento do pintor valdeorrés (1922-2022) Jesús Díaz Ferrer, inaugurouse o luns 22 de xaneiro na Igrexa da Universidade, presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, coa participación da concelleira de Cultura e Educación do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta Barreiro, e do comisario da exposición, Luis Enrique Rodríguez Arias.

O principal obxectivo da mostra é clarificar a complexidade deste artista para amosalo ao público dun xeito que facilite a súa comprensión sen deixar de visualizalo como un gran creador galego contemporáneo. Por unha banda, búscase indagar no “Esencial” da súa obra, o que realmente a constrúe. Por outra, trátase de deixar patente que este é un artista que, por ter transitado durante a súa longa carreira desde as derradeiras vangardas europeas ata a postmodernidade, “Esencial” para comprender os nexos entre a arte galega e a arte europea desde mediados do século XX ata os inicios do XXI.

A exposición consta de debuxos, gravados e bosquexos elaborados en branco e negro, por unha banda, e por outra de deseños de estampados para tecidos. A presentación da obra en branco e negro está distribuída en oito seccións. Cada sección agrupa varios cadros que amosan algúns aspectos “esenciais” da obra do autor: inspiración, lembranzas, sociedade, interior, paisaxe, formas, mirada e imaxinación.

"Nada é alleo a este artista total, a este xenial creador capaz de plasmar na súa obra canto pasou diante dos seus ollos ou pola súa imaxinación ao longo de 77 anos de carreira artística", indica o comisario da mostra.

A exposición poderá verse ata o 23 de febreiro de 2024, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.02.2024.