Pasar al contenido principal

Exposición

O reino das árbores. Luis Rodríguez Camarero

01.02.2024-03.04.2024 | 11.00h-20.30h

Santiago de Compostela
Claustro Alto

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A exposición de pintura 'O reino das árbores', de Luis Rodríguez Camarero, estará no Claustro Alto do Colexio de Fonseca do 1 de febreiro ao 3 de abril de 2024, e poderá verse en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

As obras de Luis Rodríguez Camarero caracterízanse pola cualidade matérica e beleza cromática que presentan, destacando o emprego dunha persoal técnica de tratar o óleo que esixe un moi premioso e delicado proceso de execución por etapas, ao ter que proceder por capas superpostas de materia e mesmo tamén de cores. Con este procedemento técnico pretende que as obras gañen en tactilidade plástica e expresividade visual. As paisaxes de Galicia, que lle serven de motivo, logran transmitir unha pureza na composición e un lirismo poético infrecuentes na pintura figurativa de natureza paisaxística.

A exposición estará pechada os días 28 e 29 de marzo todo o día.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2024.