Pasar al contenido principal

Propostas 'Na Calzada' (Lugo Cultural)

29/02/2024 - 15.00 horas

Rúas de Lugo

O estudantado universitario e demais artistas locais que posúan formación musical ou estean a completar estudos neste eido poden enviar as súas candidaturas antes do 1 de marzo ao enderezo cultura.lugo@usc.gal, para participar nos concertos programados para o día 8 de abril

Imaxe do cartaz
Imaxe do cartaz

A área de Cultura da USC mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas para participar no ciclo ‘Na Calzada’, un programa promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, a través do que se dá cabida a novos talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións ao abeiro do Lugo Cultural.

As persoas interesadas en participar nos concertos programados o día 8 de abril na sede universitaria luguesa poden enviar xa as súas respectivas propostas ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal). Unha vez valoradas todas as candidaturas, a organización dará conta da súa decisión o vindeiro 5 de marzo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2024.