Pasar al contenido principal

Presentación do libro 'A Educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir'

23.02.2024 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA

Portada do volume
Portada do volume

Este venres 23 de febreiro a partir das 12.00 horas preséntase no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o libro A Educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir, nun acto no que intervirán o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices Vieira; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez González, e o coordinador do libro e profesor da USC Alexandre Sotelino Losada. Tamén está prevista a asistencia de autoridades das diferentes consellerías con competencias nos ámbitos de educación, autoridades académicas, representantes sindicais, membros de asociacións e colexios profesionais, directores/as de revistas e medios especializados, representantes de movementos de renovación pedagóxica e outros profesionais e persoas interesadas en xeral.

A obra, coordinada polo profesor Alexandre Sotelino Losada e con prólogo de Marilar Aleixandre, presenta un panorama do eido educativo (non só do escolar) en Galicia. Nela, 70 persoas expertas de múltiples ámbitos trazan retos e desafíos para asumir desde escolas, concellos, institutos, asociacións e entidades nos vindeiros anos. A publicación é promovida polo Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia e sitúase como un documento base sobre o que asentar os piares técnicos e epistémicos sobre os que asumir a singradura do século XXI.

O profesor Alexandre Sotelino é o coordinador do volume. FOTO: Santi Alvite
O profesor Alexandre Sotelino é o coordinador do volume. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.02.2024.