Pasar al contenido principal

Aprenden cultura financeira na USC cun xogo de mesa

Aprenden cultura financeira na USC cun xogo de mesa
Aprenden cultura financeira na USC cun xogo de mesa

Estudantes de primeiros cursos de Administración e Dirección de Empresas e de Economía da USC xogaron este mércores na Facultade a ‘Play Pension’, o xogo de mesa creado pola Fundación Mapfre para fomentar a cultura financeira.

Divididos en oito equipos, os estudantes manexaron un orzamento familiar e coñeceron sinxelos instrumentos de aforro que lles permitiron afrontar imprevistos nas súas vidas. O gañador da partida, que continúa pola tarde, é o que máis se aproxime ao obxectivo de aforro indicado previamente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2017.