Pasar al contenido principal

Acto de entrega do VIII Premio Domingo Fontán

03.04.2024 | 19.30h-20.30h

Sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (praza Salvador Parga, 4)
Santiago de Compostela

Sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. FOTO: RSEAPS
Sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. FOTO: RSEAPS

Este mércores 3 de abril a partir das 19.30 horas terá lugar o acto de entrega do VIII Premio Domingo Fontán da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAPS), que presidirá o reitor da USC Antonio López. Tamén intervirán a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández Lafuente, e o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido, quen lle entregará o galardón ao graduado e doutorado pola USC Daniel Mena Acevedo.

Do traballo gañador, titulado ‘Casas de señores. As elites e as súas residencias en Santiago de Compostela a finais da Idade Moderna’, o xurado recoñeceu a súa “rigorosidade científica, así como o amplo coñecemento demostrado do tema urbano e arquitectónico desenvolvido nesa etapa histórica na capital galega”. Así mesmo, valorouse a ampla bibliografía específica consultada, entre ela varios arquivos históricos como o propio da RSEAPS.

O Domingo Fontán, galardón bienal que chegou xa á súa oitava edición, está dotado cun premio en metálico de 2.000 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra elixida e a súa posterior presentación. No acto de entrega do galardón presentarase a novena edición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.04.2024.