16.04.2024 | 19.30h-21.30h
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño
Santiago de Compostela
Exercicio final de curso da Aula de Teatro da USC-Escola de Teatro (1º Interpretación)

O martes 16 de abril a Aula de Teatro da USC-Escola de Teatro (1º Interpretación) presentará na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño o exercicio final deste curso 2023/2024, 'Variacións Goldberg sobre homes, cans e Matías Galetto (con doble "t" de trava, hijo de puta)'.
Haberá dous pases, un ás 19.30 h e outro ás 20.30 h. A entrada é aberta e de balde, con recollida de entradas na taquilla 15 minutos antes de cada función.