Pasar al contenido principal

NerdNite 'Mulleres de altos voos: habelas hainas'

25.04.2024 | 20.30h

Cafetería Cook
Lugo

Por vez primeira, as Nerd Nites trasládanse a Lugo

Detalle do cartel
Detalle do cartel

A vindeira Nerd Nite organizada pola USC terá lugar en Lugo o xoves 25 de abril a partir das 20.30 horas na Cafetería Cook (Praza Augas Férreas, 7). Abrirá o evento Neves Seoane Vieira, física da atmosfera e directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)-Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) coa charla 'Traballando entre nubes'.

A continuación falará Lidia Gómez Quejido, enxeñeira técnica aeronaútica, especialista en aeronavegabilidade e sistemas en CAE Parc Aviation, coa charla 'Elas perrean alto'.

Pechará a noite María Crego Blanco, enxeñeira superior de telecomunicacións e responsable técnica de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant, que charlará sobre 'Houston, temos un TIK TOK'.

Nerd Nites na USC
As Nerd Nites son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.  Comenzaron a ter lugar en Boston en 2003 e, na actualidade, celébranse en máis de 100 cidades de todo o mundo. A USC trouxo  en 2012 esta cita a Compostela, que foi a primeira cidade española en adherirse ao programa, baixo a coordinación do catedrático de Electromagnetismo  Jorge Mira Pérez e agora espalla a súa pegada á sede universitaria luguesa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2024.