Pasar al contenido principal

Entrega de premios á calidade lingüística

18.04.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego

Paraninfo da USC. FOTO: Santi Alvite
Paraninfo da USC. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 18 de abril a partir das 12.00 horas entréganse no Paraninfo da USC, na Facultade de Xeografía e Historia,  os premios aos mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego no curso 2022/23. O acto de entrega vai ser presidido polo reitor Antonio López. Asistirán tamén o director do Servizo de Normalización Língüística da USC, Manuel Núñez Singala; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López.

Os Premios á calidade lingüística aspiran a fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o alumnado. Estes galardóns, convocados pola Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación, a través do Servizo de Normalización Lingüística, contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Cartel dos Premios
Cartel dos Premios
Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2024.