Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego

Este xoves 18 de abril a partir das 12.00 horas entréganse no Paraninfo da USC, na Facultade de Xeografía e Historia, os premios aos mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego no curso 2022/23. O acto de entrega vai ser presidido polo reitor Antonio López. Asistirán tamén o director do Servizo de Normalización Língüística da USC, Manuel Núñez Singala; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López.
Os Premios á calidade lingüística aspiran a fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o alumnado. Estes galardóns, convocados pola Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación, a través do Servizo de Normalización Lingüística, contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
