Pasar al contenido principal

Entrega de trofeos das ligas e copas universitarias de deportes en equipo en Lugo

30.04.2024 | 13.00h

Polideportivo Municipal O Pombal
Lugo

Fútbol sala e fútbol 7 son as disciplinas deportivas das ligas da USC en Lugo. FOTO: Santi Alvite
Fútbol sala e fútbol 7 son as disciplinas deportivas das ligas da USC en Lugo. FOTO: Santi Alvite

O reitor Antonio López preside este martes 30 de abril a partir das 13.00 horas a entrega de trofeos das ligas e copas universitarias de deportes en equipo no campus de Lugo, acto que se desenvolverá no Polideportivo Municipal O Pombal.

En total entregaranse tres trofeos das ligas e un da copa de fútbol sala, así como tres trofeos das ligas e un da copa de fútbol 7.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2024.