30.04.2024 | 13.00h
Polideportivo Municipal O Pombal

O reitor Antonio López preside este martes 30 de abril a partir das 13.00 horas a entrega de trofeos das ligas e copas universitarias de deportes en equipo no campus de Lugo, acto que se desenvolverá no Polideportivo Municipal O Pombal.
En total entregaranse tres trofeos das ligas e un da copa de fútbol sala, así como tres trofeos das ligas e un da copa de fútbol 7.