Pasar al contenido principal

Ciclo de Cinema Filosófico: sesión de curtas de animación experimental

29.05.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos da Facultade de Filosofía

Está organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía
Está organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía

A nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será este mércores 29 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela).

Nesta ocasión proxectarase unha sesión de curtas de animación experimental dirixidas por diferentes autores e autoras de distintas épocas e nacionalidades, destacando entre outros nomes os de Norman McLaren, Jan Švankmajer, Yuri Norstein, Faith Hubley ou Amy Kravitz.

Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC. A entrada é de balde ata completar aforo.

Cartaz do evento
Cartaz do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2024.