29.05.2024 | 18.00h

A nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será este mércores 29 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela).
Nesta ocasión proxectarase unha sesión de curtas de animación experimental dirixidas por diferentes autores e autoras de distintas épocas e nacionalidades, destacando entre outros nomes os de Norman McLaren, Jan Švankmajer, Yuri Norstein, Faith Hubley ou Amy Kravitz.
Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC. A entrada é de balde ata completar aforo.
