04.08.2024 | 18.00h-19.00h
Igrexa de San Francisco. Rúa de San Francisco, s/n

Un concerto porá o peche ao Programa de Verán 2024 da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, un proxecto educativo dirixido á mocidade estudante de música de toda Galicia e de fóra. O recital desenvolverase o domingo 4 de agosto ás 18.00 horas na Igrexa de San Francisco, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
Mario Diz é o director e no profesorado participante están Daniel Rodríguez, Rosa Pampillo, Blanca Bello, Clara Martínez e Iago Lariño. O programa musical inclúe pezas de Schubert, Händel, Adalid, Veiga e Cervantes.