Pasar al contenido principal

Concerto de De Ninghures

14.11.2024 | 21.00h

Santiago de Compostela

As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do concerto a partir das 19.30 horas

De Ninghures
De Ninghures

A banda galega De Ninghures chega ao Outono Cultural da USC. O concerto está programado para o xoves 14 de novembro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.45 horas.

De Ninghures nace no ano 2019 con sete integrantes, todas e todos de distintos lugares de Galicia e con interese pola música de raíz galega que mesturan con ritmos e sons doutros pobos. Con tan só catro anos de existencia, De Ninghures conta no seu haber con varios premios, concertos en distintos puntos do Estado e hoxe é unha das bandas emerxentes galegas con maior percorrido.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2024.