ONG progresista que dende 1983 traballa polo pleno cumprimento dos Dereitos Humanos, a gobernabilidade democrática e a igualdade.
Dende a delegación de Santiago de Compostela, desenvolven proxectos de refuxio e migracións, dereitos das mulleres, educación para a paz e cooperación internacional.
Programa de conciliación familiar e apoio escolar para crianzas
Reforzo escolar a menores
A actividade está dirixida aos/ás menores solicitantes de asilo e participantes nos programas de atención a mulleres que necesitan un apoio nas tarefas escolares para un mellor rendemento escolar e facilitar a conciliación familiar.
-
Prazas: 5
-
Horario: tres horas á semana, de luns a xoves en horario tarde.
-
Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela.