Pasar al contenido principal

Concerto de Dianto Reed Quintet

18.11.2024 | 20.30h-23.00h

Lugo
Casa do Saber

Dianto Reed Quintet actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

Dianto Reed Quintet
Dianto Reed Quintet

Dianto Reed Quintet, grupo de música de cámara formado por cinco músicos españois residentes en Ámsterdam, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído dentro da programación do Outono Cultural. O concerto será o luns 18 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2024.