O obxectivo deste curso, destinado ao PDI, é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia.

A preinscición na actividade, que conta con límite de prazas, pode realizarse a través da Secretaría Virtual do 19 ao 26 de setembro.
A formación estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesións presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Podes atopar máis información sobre os contidos e o desenvolvemento do curso picando aquí.