Ir o contido principal

Precisa inscrición a través da Secretaría Virtual

Curso de competencias en información para a docencia e a investigación

21.10.2025-20.11.2025

Campus Vida, Fac. Dereito (Aula Seminario) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo (CACTUS, Sala Conferencias) para o alumnado que asista dende Lugo.

O obxectivo deste curso, destinado ao PDI, é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia.

Para participar no curso é necesario realizar a preinscrición a través da Secretaría Virtual. Imaxe: Unsplash
Para participar no curso é necesario realizar a preinscrición a través da Secretaría Virtual. Imaxe: Unsplash

A preinscición na actividade, que conta con límite de prazas, pode realizarse a través da Secretaría Virtual do 19 ao 26 de setembro

A formación estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesións presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.

Podes atopar máis información sobre os contidos e o desenvolvemento do curso picando aquí.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2025.