Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Os afectos dixitais e a súa incidencia nos dereitos da personalidade

20.11.2024 | 16.00h-17.00h (Aula 1) e 18.00h-19.00h (Aula Lete del Río)

Santiago de Compostela
Aula 1 e Aula Lete del Río

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais.

O 20 de novembro, de 16.00 a 17.00 e de 18.00 a 19.00 horas na Aula 1 e na Aula Lete del Río da Facultade de Dereito, respectivamente, as profesoras Antonia Nieto Alonso e Julia Ammerman Yebra traballarán co estudantado do primeiro curso do grao en Dereito sobre os dereitos da personalidade baseándose en varias obras da exposición.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2024.