Pasar al contenido principal

Conferencia de Juan López Bedoya: 'Patrimonio natural en medios urbanos'

07.11.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

Juan López Bedoya, doutor en Xeografía pola Universidade Nacional de Cuyo (Mendoza, Arxentina) e investigador contratado no Departamento de Xeografía da USC polo Programa Margarita Salas do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ofrece este xoves 7 de novembro a partir das 19.30 horas a conferencia 'Patrimonio natural en medios urbanos'. Terá lugar na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia, sendo a segunda sesión deste semestre da programación 2024-2025 do Seminario de Futuros Urbanos  do Grupo ANTE.

As súas liñas de investigación céntranse no ámbito da xeografía física e o patrimonio, cunha forte orientación aplicada e práctica no territorio. Isto levouno a participar en distintos plans de ordenación espacial e na xestión de recursos para a administración estatal, autonómica e local. Nos últimos anos, foi desprazando o seu traballo ata a análise sistémica do patrimonio, centrando a súa atención en feitos e fontes históricas que casou con fontes populares a modo de ferramenta innovadora para a análise xeográfica rexional.

Cartel do seminario
Cartel do seminario
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2024.