Pasar al contenido principal

Relatorio ‘Prospectiva das relacións campo-cidade nos países andinos: identificación e análise das variables clave’

14.11.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18

Fernando Barragán Ochoa intervén no Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE

Corredor da Facultade de Xeografía e Historia
Corredor da Facultade de Xeografía e Historia

O profesor e investigador do Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador Fernando Barragán Ochoa intervirá este xoves 14 no Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE co relatorio ‘Prospectiva das relacións campo-cidade nos países andinos: identificación e análise das variables clave’. 

Doutor en Xeografía pola Université París Panthéon-Sorbonne, onde obtivo un Mestrado en Ciencias Humanas e Sociais, ten ademais outro Mestrado en Desenvolvemento Rexional e Planificación Territorial pola Pontíficia Universidad Católica del Ecuador, onde tamén se graduou como xeógrafo. 

No campo profesional, ten experiencia en xestión de datos xeoespaciais e cartografía. Participou e coordinou procesos de planificación nacional e en diversos gobernos rexionais en Ecuador. Traballou con organismos de cooperación internacional desenvolvendo investigación aplicada vinculada coa planificación territorial desde enfoques participativos, prospectivos e de xestión de riscos. 

Na actualidade é docente-investigador no Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador, onde coordina o Mestrado en Prevención e Xestión de Riscos. A súa traxectoria foi recoñecida co primeiro premio do 1 Concurso Nacional de Investigación Agroeconómica así como co premio Pedro Vicente Maldonado pola súa traxectoria en investigación no campo das xeociencias.

Cartel do seminario
Cartel do seminario
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2024.