Pasar al contenido principal

Formalizado o convenio para a contratación de 53 prazas de profesorado axudante doutor na USC

A sinatura do convenio tivo lugar na Cidade da Cultura. Foto: Xunta de Galciia
A sinatura do convenio tivo lugar na Cidade da Cultura. Foto: Xunta de Galciia
Xunta, Ministerio e Universidades asinaron este mércores o convenio para contratar un total de 166 docentes en Galicia

As tres universidades galegas, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e as Consellarías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Facenda e Administración Pública asinaron este mércores o convenio para a posta en marcha do Programa María Goyri de incorporación de talento docente e investigador ás universidades públicas españolas. No acto participaron os conselleiros Román Rodríguez e Miguel Corgos; o secretario de Estado Juan Cruz; o vicerreitor de Profesorado da USC, Ernesto González; e os reitores das universidades de Vigo e A Coruña, Manuel Reigosa e Ricardo Cao, respectivamente.

Segundo o acordado,  contrataranse 166 profesores axudantes doutores no conxunto das tres universidades públicas galegas, que ata 2030 serán cofinanciadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e polo Goberno galego e a partir dese ano o pagamento dos salarios destes docentes correrá de xeito exclusivo a cargo da Xunta.

Dese total de prazas, á USC correspóndenlle 53, á Universidade de Vigo 64 e á da Coruña 49, que as deberán crear antes da fin do curso 2027-2028. O obxectivo deste programa é reducir a temporalidade do profesorado universitario, ámbito no que as tres universidades públicas galegas están moi avanzadas, cuns dos cadros de persoal máis estabilizados do Estado. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2024.