Pasar al contenido principal

Pleno ordinario do Consello Social

30.12.2024 | 09.15h

Santiago de Compostela

A Casa da Concha é a sede do Consello Social da USC. FOTO: Santi Alvite
A Casa da Concha é a sede do Consello Social da USC. FOTO: Santi Alvite

Este luns 30 de decembro a partir das 9.15 horas en primeira convocatoria e 9.30 en segunda convocatoria terá lugar na sede do Consello Social da USC, na Casa da Concha, unha sesión ordinaria do pleno do Consello. Nela presentan os seus informes a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra e o reitor Antonio López, estudarase a aprobación dos Orzamentos da USC para o ano 2025, o informe sobre as modificacións non substanciais de memorias de grao e mestrado universitario para a súa implantación no curso 2025-2026, os prezos de cursos de estudos propios e finalmente asuntos económicos e información sobre convenios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2024.