Pasar al contenido principal

XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario

Trabajos de amor perdidos

14.02.2025 | 20.30h

Salón Teatro
Santiago de Compostela

Trabajos de amor perdidos
Trabajos de amor perdidos

O venres 14 de febreiro, dentro do XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario, In Vitro Teatro da Universidade de Jaén presentará 'Trabajos de amor perdidos' de William Shakespeare, cunha duración de 105 minutos e en lingua castelán. A adaptación, dirección e posta en escena é de Pedro Jiménez-Vallejo. A peza está producida polo Vicerreitorado de Proxección da Cultura e Deporte da Universidade de Jaén.    

O elenco está formado por Marcos Hita, Chema Trujillo, Raúl López, Erik Tordera, Raquel Torres, Rocío Ábalos, Carlota Hita, Melanye Samaniego, Virginia Carrascosa, María Jesús Biedma, Mari Carmen Montañez, Guillermo Vidal, Ángel Sutil Ortega, Miqui Osuna, Ramón López, Alejandro Amaro, Manu Arévalo, Ale García e Iria Salcedo.

As representacións son no Salón Teatro ás 20.30 horas. A entrada é gratuíta previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas.

Trabajos de amor perdidos

O rei de Navarra promulga un edito que obriga aos señores do reino a xuramentar dedicarse en corpo e alma ao estudo da ciencia da vida durante un prazo de tres anos, durante os cales todo pracer terrenal estará proscrito, incluído especialmente o cortello amoroso. Baixo estas circunstancias sucede que, por asuntos de estado, a princesa de Francia decide visitar a corte de Navarra acompañada polo seu séquito de damas e señoras, o que provocará que tambalee a fe e a honra dos señores que tan alegremente subscribiron aquel xuramento.

In Vitro Teatro de la UJA propón unha adaptación libre e desprexuiciada dunha das comedias menos representadas do bardo de Stratford, na que, a través dunha serie de conspiracións e enredos, certifícase que a honra pouco ou nada pode facer fronte ao poder inmisericorde do Amor.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2025.