Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Coloquio 'Afectos e efectos da intelixencia artificial nos dereitos de imaxe, voz e intimidade das persoas'

17.02.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O luns 17 de febreiro, ás 19.00 h na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito haberá un coloquio no que persoas expertas en Dereito discutirán coas persoas asistentes o impacto da Intelixencia Artificial sobre os dereitos de imaxe, voz e intimidade das persoas, como se están a vulnerar ou respectar e estratexias para protexelos.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.02.2025.